BLOGME TENDAL XLI: desgraza

24 Xuñ BLOGME TENDAL XLI: desgraza

Isto non é un tendal. Isto é unha desgraza. Xa non só como se tende a roupa, hala-velaí-vai, tendidas de mala maneira, esa camisa branca mal pinzada, pendurada de esguello por onde cadrou. Iso si, os calcetís emparellados. E as cordas. Señor que desleixo, señor que desgraza. Coitada da roupa. Parece fina, branca. O portor/a gusta de ir ben vestido, de ter boa apariencia, guapo/a. Si. Pero debe ter a casa feita un caos de cousas tiradas e mal arrombadas. Ten dúas caras, unha a pública, a que pode controlar, a que quere vender. E a outra, a de seu, a que lle sae, a que é. Medo me dá.Sorte que ó non ver o tendal nainmensidade da fachada, non parece tan desgraza.

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: