10 Xuñ BLOGME TENDAL XXXIX: Tendal alemán de aire
Na Alemaña, tamén tenden. Menos, que usan moita secadora. Pero o primeiro que vin foi esta desgraza. Que non é para secar… vale, que só é para airear… vale, que airean a roupa da cama en mércores… vale. Pero así non se tendeunha camisa (que non sei se non será de muller) dun ferro da parede, arrebolada de calquera maneira. A roupa merece un respecto. A menos que sexa roupa de quen odies. A roupa dos demáis trátase como tratarías ós demáis se non fosen xente. E aroupa túa trátala segundo a consideración que te mereces a ti mesma. Co que se a camisa ou blusa é de muller e non foi ela quen tendeu… amiga: ten conta de quen che tende a roupa!

Sen comentarios