Na arte de tender hai dúas normas non escritas:
Unha que estea o máis estirada posible.
Outra que sufra o menos posible ca pinza.
Así que, como se tende un pantalón pra que seque mellor? Pola cintura ou polos baixos son as dúas opcións universais.
Pero un calzón?...
Seguro que hai xente que axeita as cores da roupa da cama ás épocas do ano. Seguro.
Como hai xente que axeita as cores da roupa da cama ó estado de ánimo ou a situacións concretas.
Así que poden ser cores de de semana santa...
Cando os tendedeiros son monográficos, coma este, adoitan estar todas pezas do mesmo xeito.
Neste non. Hai dúas castes. As dependentes, que necesitan asistencia das pinzas e as independentes.
Estas últimas teñen un aquel cruel: máis tendidas, parecen aforcadas.
Coitadas. Condenadas
E executadas....