
13 Abr BLOGMETENDAL DCCVII: Básico de home.
Na arte de tender hai dúas normas non escritas:
Unha que estea o máis estirada posible.
Outra que sufra o menos posible ca pinza.
Así que, como se tende un pantalón pra que seque mellor? Pola cintura ou polos baixos son as dúas opcións universais.
Pero un calzón? Adoita tenderse polo elástico como case única opción, pero… polo lado? Non se deforma así?
Sen comentarios