
23 Mar BLOGMETENDAL DCCIV: Hai clases
Cando os tendedeiros son monográficos, coma este, adoitan estar todas pezas do mesmo xeito.
Neste non. Hai dúas castes. As dependentes, que necesitan asistencia das pinzas e as independentes.
Estas últimas teñen un aquel cruel: máis tendidas, parecen aforcadas.
Coitadas. Condenadas
E executadas.
Sen comentarios