estendal Tag

BLOGME TENDAL DXXI: Loito

De loito por unha soedade non querida. Nin un pantalón, nin un calcetín, nin unha prenda íntima que me faga compañía. Ser tan delicada non é bo. De loito pola falta de compañía...

BLOGME TENDAL DXX: Por orde

Primeiro lavei os trapos, logo as servilletas, despois as bragas, e a camiseta. Sequei as mans na toalla. Púxenas a secar e sentei a dar crema nas mans....

BLOGME TENDAL DXVIII: Que sexa feliz, señora.

Non me custa nada imaxinala sentada, así lixeira de roupa pola calor abafante; cos dedos das mans entrelazados, sen tele, sen radio; nun silencio rebentado polo estrondo dos pensamentos, mentres os ollos, dirixidos á xanela atrás da que está o tendedeiro, miran un universo...

BLOGME TENDAL DXVII: Trapos

Son o lumpen do téxtil doméstico. Os arrastrados, imprescindibles e marxinados. E é necesario marxinalos, por saúde, por hixiene e por comodidade. Canto se lles debe e o mal que se lles trata! A traxedia é que non pode ser doutra maneira...