Que parella!
Unha parece máis traste que o outro. Cubata para a esquerda e gintonic para a dereita. Agasallaranse tous nos días sinalados? El é caluroso e ela frioleira. Xa me chamaría a atención que non cadrasen sexo e estampado do pixama.
E ten un patrón...
Haiche xente tan tan tan curiosa que cando merca roupa, mesmo mira que combine co tendedeiro. Unha pinciña só, pero que tamén combina! Se é que hai que ter xeito para todo. Que os demáis o aprecien ou non é cousa deles.
Aínda que non...
Non hai roupa, só toallas. Non van estar moito tempo, só uns días. Por iso nada máis pasar pola ducha xa poñen as toallas secar, para deixar todo arrumado, parado, morto? Ata a próxima. Un sitio onde non lavas a roupa...