BLOGME TENDAL CLXVII: Solitario e limpo

05 Abr BLOGME TENDAL CLXVII: Solitario e limpo

blogme 167É tan raro topar prendas íntimas masculinas soas nun tendedeiro que quedei prendido deste. A roupa íntima masculina adoita ir no medio da outra, sen embargo a feminina, as mais das veces é merecedora de vogada propia e corda de seu no tendal, de xeito que a hixiene dálle un protagonismo involuntario pero merecido. Esa roupa non é calquera roupa, non cubre calquera parte do corpo. Esa roupa delicada merece ser tratada con ternura. Home, maior, xubilado, viúvo, pero activo, curioso e coidado e tan delicado que é quen de lavar un calzón, só, co que terá que lavalo a man, e colgalo, só. Mañoso e reciclante, atención a esa roldana da dereita. Aquí é onde se ve que é trandeira de home, feita por home e para ser usada por home. A muller válese ca cana ou a estaca para levantar a corda de tender. Non sei se debera tirar algunha conclusión disto. Que home tan feminino!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: