12 Abr BLOGME TENDAL CLXVIII: Seca ca vista
Se eu fose fotógrafo, e dos bos, que non son, faría unha fotografía destas bonitas onde todo fose roupa tendida. Onde estivese todo o que hai na roupa tendida, ás veces na vistas, outras no olfato, outras no tacto (e tamén no oído e no gusto)… a auga que lava, o sol que evapora a humidade, o azul do añil e a herba do clareo.
Os tendais non teñen auga abondo para facer nubes. Dos tendais agroman as brumas, as neboas que non enchoupan pero abrazan co pulso leve e seguro co que te collen as persoas cegas. Porque non queren que as guíes, queren que as acompañes.
O Miño que lava roupa en Galiza e en Portugal
avelino gonzalez
Publicado ás 13:18h, 13 AbrilMonty Canle Hai ben tempo que non fas coladas, ho. Onde vai que non se usa añil nin se bota a roupa ó clareo… Da o mesmo. Entendémosche ben. Forma parte da memoria olfativa, que é a máis evocadora que hai