estendal Tag

BLOGME TENDAL CCXXVI: Eu marcho

Velaí está. Enfastiada. Farta de esperar a que a recollan. Xa non aguanta máis a secar. Está máis que seca xa, sedenta! Esa camisola quere marcha, guerra, vida. Se hai que pasar pola lavadora, pásase. Pero, por ela, falta non fai. Ou a recollen...

BLOGME TENDAL CCXXV: Campo de concentración

Non é un estendal porque a imaxe contradí á palabra. Se fose un estendal, as roupas estarían estendidas, e non. Están arreboladas unhas nas outras, ou contra as outras, ou enriba das outras. Máis que colgadas da corda, están pechas, debruzadas na varanda. Pero rendidas, vencidas....