26 Xuñ BLOGME TENDAL CCXXXI: Tendendeiro de reciclaxe
Se a policía municipal soubera ler tendedeiros…!
Esta cidadá (porque para min que é muller) merece unha medalla do cortello, perdón: concello! Reaproveita mesmo as bolsas, lávaas.
Hanlle ser bolsas que le acaen a mar de ben para algunha cousa que para ela é moi importante: gardar un bocadillo do neto; gardar o gorro de baño de volta da piscina; gardar os calcetíns de volta do ximnasio; gardar algún alimento no conxelador; …
(Nótese o contraste entre a pulcritude da actitude individual da cidadá e a actitude chafalleira de quen non se responsabilice da cablería de debaixo do balcón. Vergonza!)
Amparo
Publicado ás 13:45h, 26 XuñoSi todos recogiéramos las bolsas que usamos y las reutilizáramos, como hace. Este Sr/a , mejor nos iría con el medio ambiente, los peces vivirían más y más cantidad y todo sería más saludable.
Hay que respetar la vida y la tierra.