A persoa que tende é limpa, non hai dúbida.
E coidadosa tamén.
Pero, se cadra, pouco observadora.
Eu non sei se renta lavar con mimo para logo tender enriba desa saída de fumes...
Sempre me chamaron a atención os tendedeiros básicos.
Case sempre son de muller, cousa que denota unha relación peculiar das mulleres ca limpeza e ca roupa e ca intimidade e ca hixiene.
Neste, ademáis hai un algo surreal: a roupa mirándose no espello. Axeitando os fíos...
O vento mareiro seca, airea e dá arrecendo.
Leva dosificador incluído, que fai que non sexa excesivo senón suxerente, nesa dose que abre os apetitos todos e dá vontade de satisfacelos todos.
Tendendo a roupa así non precisas perfume, e menos do caro.
Algún perfumista foi quen...