BLOGME TENDAL DCXXVIII:Sen cordas!

19 Abr BLOGME TENDAL DCXXVIII:Sen cordas!

Desaparece a santísima trindade do tendedeiro: corda, pinza e roupa.

Aparece un intermediario: o soporte, a barra sustentante de perchas, percheiros ou sucedáneos que soportan as pinzas que terman das roupas.

A roupa perde a relación individual ca pinza, aparecen os grupos definidos polo soporte.

Ten un aquel limpo, case profiláctico. Case de organización industrial. Hai un departamento especializado de calcetíns, os outros son de maiorías, ou tendencias, xerseis, pantalóns…

Pero debe ser doado tender a roupa aí, porque a pinza xa forma parte da estrutura, e onde non hai pinza é porque non fai falta. Desaparece o cesto das pinzas, pero tamén os movementos aeróbico-ximnásticos de collelas e apañalas do chan. Tamén non se perden. Iso si.

A evolución do tendendeiro non é a secadora.

Os tendendeiros evolúen de seu. O aire segue sendo o elemento esencial que os fai supermodernos: son sustentables.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: