BLOGME TENDAL DCXXIX: Evolución

26 Abr BLOGME TENDAL DCXXIX: Evolución

Unha das formas tradicionais ou convencional, ou simplemente coñecidas, era a corda atada en dous puntos máis ou menos afastados un do outro, que bandea baixo para tender a roupa e necesita un pau (estaca, cana, etc) para alzar a corda e ter a roupa despregada ó ar como a velame dun veleiro de Noia gobernado por un capitán de Corme.

Neste tendedeiro tamén hai paus, pero non hai corda. Evolución!

Hai barras con pinzas e colgantes a xeito, dos que penduran as roupas.

Hai paus, cal estacas, para termar das barras.

Pero nada é o que parece, compre reparar:

As barras están pinzadas polas grampas que hai no remate de cada estaca.

As pinzas non terman da roupa, senón do que ten da roupa.

Un tendedeiro é mostra de evolución e imaxinación e adaptación.

Ergo, un tendedeiro é económico. E moderno

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: