BLOGME TENDAL DCXXV: Presas

29 Mar BLOGME TENDAL DCXXV: Presas

Está claro que teme que lle marchen, polo vento ou de propio intento.

Se é polo vento, que se lle vai facer, pero se é de propio intento… tan mal tratan ás roupas que queren fuxir e deixar espida á xente?

Que lles farán? Lavaranas mesturadas, vestiranas desconxuntadas, gardaranas engurradas, …?

Coitadas, que sempre nos dán abrigo e axudan a levantarnos o ánimo cando vestimos esa prenda, con esa cor e esa textura e ese aquel.

Mesmo cando a prenda non se ve, sabemos que está e fainos boa compañía.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: