clothes line Tag

BLOGME TENDAL CL: Branco inmaculado

Ben armado, Ca intimidade atrás. Branca inmaculada. As últimas cordas son virtude agora que a posibilidade do pecado é tan limitada. Inda ben que ese branco é luz se quer postreira. Esperemos, só, que cando puido, pecase...

BLOGME TENDAL CXLXIX: Tendedeiro de asistencia

Que roupa estraña. Eses mandilóns desacougan, lémbranme os dos tolos de Marat-Sade de Peter Brook. https://www.youtube.com/watch?v=RJc4I6pivqg Este tendedeiro ole a asistencia. Tecido doado de lavar, como doado ten que ser ese momento no que un asiste a quen asistíu cando o ciclo da infancia e a...

BLOGME TENDAL CXLVIII: Tendal preso

Pola liberdade dos panos de limpar! Fixeran o que fixeran seguro que está xustificado: están fartos de limpar a merda de outros. Coitados peitieiros da cociña, vasalos da miseria allea. Fartos de que os arrastren e espreman. Non merecen secar na cadea. Nunca! Merecen...

BLOGME TENDAL CXLVIII: Monocolor

Non hai máis cor que o branco, ata no coche. Sabendo o malo de lavar que é o branco, ten mérito que todo sexa só branco. E non se ve un sitio fácil para manter o branco inmaculado. Que gusto ten polo branco. O...