BLOGME TENDAL CLI: Semiafrodisíaco

07 Dec BLOGME TENDAL CLI: Semiafrodisíaco

BLOGME 151Non deixa de me chamar a atención a combinación dunhas poucas prendas íntimas femininas nun tendal. Non deixa de dispararme a imaxinación ó máis íntimo. Que maior intimidade que estar na túa casa deambulando en roupa interior ca vulnerabilidade de ser visto/a por quen te quere e aprecia máis alá do visible e tocable. Ese querer nótase na imaxinación do visible e do tocable como adro do tocar o que se ve e que o imaxinado se fai realidade.

Carnal superior e azul inferior disparan as ideas a escalada e mergullo… sei que é evidente. Por isto, paro aquí.

O de semiáfrodisiaco é evidente que se debe a que a unha grande parte da humanidade esta vista non lle parece afrodisiaca senón lóxica hixiene.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: