blog me tendal Tag

BLOGMETENDAL DCXCIX: Caído.

Un anxo caído ca súa brancura inmaculada. A pinza non termou ben ou a man só o deitou na corda. E velaí está. Deixado, caído, abandonado. Pero esa pomba á espreita ...

BLOGME TENDAL DCXCVIII: Home. Muller.

Home. Muller. El en camisa. Ela en braga. Sen máis. Claro que tamén pode ser que ese home ou esa muller vistan así. Pode. En calquera caso, os dous a pé espido, pisando na mesma toalliña. E non cumpre máis espazo. En ningún caso....

BLOGMETENDAL DCLXCVII: Pero falan.

Falan pra dentro. Falan pra si. Os tendedeiros, coma os gatos, non se levan ca auga. Prefiren quedar ó agocho da choiva e falar, que non paran de falar nin cando chove, pero ca man, digo ca xanela, diante da boca....

BLOGMETENDAL DCLXCV: Baile de parellas.

O vento é ese grupo musical de rúa que atopas cando non esperas e cambiache a boca por sorriso e o paso faise de baile. A man que tendeu, por orde, facilitou a organización do baile, achegando as parellas. Flores, cores e estampados son as luces...