Tendedeiro fugaz de piso turístico.
Seguramente de roupa suada lavada na bañeira ó tempo que se ducha quen as viste.
Tendedeiro de urxencia: lavo e seca e visto mañán.
A roupa de fóra a secar, e a coitada da toalla, mal pendurada da xanela, mirando ó mundo...
Volvo con este tendedeiro porque, coma case sempre, chama de primeiras a atención a roupa do home, polo que ocupa, malia que non sexan as mans que lavan e tenden e recollen e alisan...