Canta riqueza! E canta versatilidade! Viña vizosa e tendal integrado na paisaxe. Sempre con froito de tempada, dúas colleitas ano, mínimo.
Contra o setembro dará caíño ou palomino ou rabo de cordeiro ou portuguesiño ou treixadura ou tinta femia ou torrontés ou catalán ou espadeiro...
Creo. É un caos. Ou non ten xeito ou ten un xeito plural. Cada pantalón vai dun xeito (gaña un por 6 pinzas a 4 do outro, igual non tiña máis pinzas). En cambio os calcetíns, oes, quedaron impecables, simétricos, parecen marionetas. Os negros,...
Este é de muller soa e frioleira.
Moi ben organizada ela, pero moderna: non lle importa poñer a roupa miúda diante e a grande detrás. E iso que así disposta ten mais posibilidade de rozar ca parede, pero se cadra prefire que roce a roupa...
Está posto do revés. Porque si. Podedes viralo e velo ó dereito se queredes. A min chamoume a atención que visto do dereito pareza que a roupa se resiste a que o vento a leve. Agarráse ás cordas para non saír voando. Pero se o...