16 Mar BLOGME TENDAL LXXI: Tendal enmarcado
O das toallas ten un puntiño… Por un lado enmarcan e resaltan a prenda: Que camisola! Que pantalón! E polo outro, neste barrio popular de cidade de interior, esta imaxe é a porta que dá á praia. A camisola e o pantalón non están a secar, están a tomar o sol na praia portátil que pintan as toallas. O ruído que se oe son as ondas do mar batendo en terra. A posición reciprocamente invertida facilita o contacto dixital de facerse cóxegas cos dedos, dos pés, das mans. A praia sempre foi un bo sitio para xogar.
Non ten nada raro, pero ten algo especial. Alén de que esta casa non ten un tendal como deus manda (arquitectos, a que andamos? É mandato constitucional ter secadora, ou?) está o detalle delicado da toalla para evitar que a roupa recén lavada roce co marco do ventanal, o que estragaria a limpeza xusto anterior, e logo lavar para que! Aínda que están no medio dúnha rúa moi transitada de coches e autobuses, o que xa relativiza o da limpeza, por toda a carbonilla que levantan.

Sen comentarios