BLOGME TENDAL LXVII: Tendal infraumbilical

09 Feb BLOGME TENDAL LXVII: Tendal infraumbilical

blogme 67

Pinza a pinza. Calcetín a calcetín. Par a par. Todos ben caidíños agás o segundo da esquerda (será de mala calidade, será vello, será…). Calcañáis cara a fóra.  Se fose unha liña dun libro, sería literatura árabe cas maiúsculas (o pantalón e o panti) á dereita e as minúsculas cara a esquerda. Por que non empezou polas prendas longas? Por que afastou o panti das outras prendas? Por que o pantalón é a única que está pendurado polo van? Por que só os calcetíns teñen cor? Esa manía de que a roupa visible sexa negra e a interior de cor, ten o seu aquel. Agachar a alegría, é como agachar a xenerosidade e mostrar o medo á invasión e a agresión?

Nunca podo evitar imaxinar esas roupas vestidas. E aquí, onde xa non vexo roupa, imaxino corpo, e imaxino a roupa negra sobre calcetíns de cores bailadoras e por baixo de corpo xeneroso e seguro de si.

blogme 67

1Comentario
  • celtaceibe
    Publicado ás 01:24h, 10 Febreiro Responder

    Abraiaaante… Que imaxinación!!! Se non me paro a ler non lle vía nada especial á foto. Grazas pola foto e mailo comentario. Chao! 1 aperta

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: