BLOGME TENDAL LXVIII: Para cama

23 Feb BLOGME TENDAL LXVIII: Para cama

blogme 68

Que divertido ten que ser ir a esta cama! A baixeira azul, o pixama rosa intenso… Canta alegría! É unha risa de roupa. ai ho! Sen sabas de arriba. Vese ademáis que é pequena pero forte, debe ser máis de facer que de deixarse facer. E para antes da cama ou despois da cama, o mandil con flores e o pano de cociña con flores… a cea con risas ou o almorzo rideiro, alimentan e non intoxican (que o de engordar está na vista). Despístame a bata. Non sei se sentir perplexidade ou envexa!

1Comentario
  • Asun
    Publicado ás 13:52h, 23 Febreiro Responder

    Envexa, envexa… 😉

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: