blog me tendal Tag

BLOGME TENDAL LXXXVIII: Tendal a escorrer

Co sol que lle cae, a roupa tendida non só escorre auga e humidade, escorre a sombra pola parede abaixo, mesmo as cordas van escorrendo e escorregando, igual chegan á verticalidade absoluta, igual que as sombras da roupa....

BLOGME TENDAL LXXXV: Algo sobra

Ou a roupa ou a rafia esa verde. Persoalmente prefiro a roupa. Obriga unha lavada continua, si, pero iso é hixiéne, da factura da luz falamos noutro momento. A rafia non é segura, está altamente desaconsellada polos especialistas en seguridade, calquera acto delictivo que...

BLOGME TENDAL LXXXIV: Punto de vista

Aparentemente é o que é pero se cadra tamén son: gafas de sol, gafas de piscina, unha parella de merlos namorando, unha parella de ararás peteirando peteiriños de amor.        ...

BLOGME TENDAL LXXXIII: Tendal de incubadora

Xa o dicía un trasno a Cunqueiro falando de reloxos: "O natural é andar polo sol". E naturalmente o natural é secar ó sol (ou a sombra, pero con sol). Pero xa dicía a zarzuela que "hoy las cosas adelantan que es una barbaridad!"....