blog me tendal Tag

BLOGME TENDAL CCIII: Avenida do estendal

Nesta avenida hai moitas cordas libres. Veñan! Boa veciñanza, sociable e distante a un tempo. Todo se sabe, airéase todo na rúa. Inestable. Anda un poco como lle veña o vento. Variada, mestiza, policromática, polisexual, integradora … hai sitio para toda a xente. Veñan!...

BLOGME TENDAL CCII: Títeres de calcetín

O primeiro está triste; o segundo pide perdón; o terceiro e o cuarto non están nada arrepentidos e aínda se poñen farrucos; o quinto e o sexto teñen medo de lles caian unas boas loscadas. Admítense máis argumentos...

BLOGME TENDAL CCI: Pai e fillo

Pode non ser. Á marxe do xénero, imaxino a esta parella facendo moitas cousas á par, pegadiños un ó outro (Deixádeme imaxinar que é home). Descubrindo o mundo, que sempre foi pero está a ser novo outra vez. Lixáronse no campo, ou no parque,...

BLOGME TENDAL CXCII: Tendedeiro de Hamlet

Ser ou non ser. Ser roupa tendida ou ser roupa caída. Estar aí para secar ó ventimperio mais ós rebufos dos coches, ou quedar enganchada nunha alcaiata, gancho, aro, arandela, pincho que frea a caída dende unha xanela ou outro tendal. Lavada ou abandonada,...

BLOGME TENDAL CXCI: Con parasol

Hai tendais coquetos que non lles gusta que lles dea o sol e os queime, empardeza as cores, mate os brillos, apague a louzanía. Por iso, gozan do sol, si, pero á sombra. como aquelas señoritas da "sociedade" que gozaban do sol protexéndose del. Que...