29 Nov BLOGME TENDAL CCI: Pai e fillo

Pode non ser. Á marxe do xénero, imaxino a esta parella facendo moitas cousas á par, pegadiños un ó outro (Deixádeme imaxinar que é home). Descubrindo o mundo, que sempre foi pero está a ser novo outra vez. Lixáronse no campo, ou no parque, ou na merenda, que máis ten, enchoupáronse de mundo. E foron lavadas á par; se foi a man, máis tenrura hai nese tendal. Que non seque.
Sen comentarios