Inicio

BLOGME TENDAL CXXXVI: Tendal desleixo

Ás veces, facer as cousas mal dá mais traballo que facelas ben. Para tender esta roupa tivo que ir varias veces ó tendal, e foi poñendo a roupa consonte lle cadrou. Foi á lavadora cando rematou de lavar, colleu a roupa que lle colleu...

BLOGME TENDAL CXXXV: Tendal de froitas

Todo é comida. As árbores pola froita que dan e a roupa pola que apañan. Polo sitio onde está o tendal, ten pinta de ser roupa de percebeiro/a. Tamén pode ser de surfeiro/a, pero de primeiras, a cabeza foime ó percebe. Tanta roupa xunta...

BLOGME TENDAL CXXXI: Tendal caducifolio

Se fosen árbore, os tendais serían caducifolias. Todo ten o seu lado escuro e unha foto só non abonda para amosar a súa complexidade. É como todo: onde hai vida todo se transforma, e onde non, todo aprodrece. Fondos inhabitados de patios de luces, recantos...

BLOGME TENDAL CXXXIII: Xente de orde

Xente de orde con moito que facer. Non se pode deixar nada a medias que dá máis traballo deixalo para despois que rematalo de vez. Por iso esta (raro que fose "este") remata a comida e xa arranxa a cociña (ou toca o piano,...