BLOGME TENDAL CXXXVI: Tendal desleixo

13 Xul BLOGME TENDAL CXXXVI: Tendal desleixo

blogme 136

Ás veces, facer as cousas mal dá mais traballo que facelas ben. Para tender esta roupa tivo que ir varias veces ó tendal, e foi poñendo a roupa consonte lle cadrou. Foi á lavadora cando rematou de lavar, colleu a roupa que lle colleu na man e tendeuna como lle cadrou segundo lle quedaran as pinza nas cordas da anterior vogada. E foi facendo viaxes así ata rematar. Dúas viaxes mínimo, máximo tres, bótolle.

E queda este desleixo. Cantos calcetíns non perderá este home, porque é home, non hai dúbida, e vive só. Un calcetín aquí e o outro na quinta pinza. Iso si, desleixado non é que criterio ten, algo claro ten no mundo: O xeito de tender os pantalóns, o mesmo para os dous, delata que decidíu que a roupa non lle preocupa nin como tendela.

Empezamos por un nugallán e acabamos cun home a xeito.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: