BLOGME CXXXVII: Tendal miúdo

20 Xul BLOGME CXXXVII: Tendal miúdo

blogme 137Hai moitas maneiras de facer as bogadas: de roupa branca, de cor, de la, de… Este é o primeiro que vexo de roupa miúda. Por tamaño é coherente, pero logo por temática xa non tanto. Calcetíns mesturados con bragas e suxeitadores… algo hai aí. Con algunhas prendas que debían estar soltas (camisón, camisola) a chaqueta debeu saír de estar a remollo. Técnicamente falando, o que máis me chama a atención é esa concentración de prendas íntimas. Non adoito ver tendais así, senón de unha, dúas, tres pezas lavadas ca delicadeza do lavado a man. Así que podemos concluír que esta chica despreocupada ten unha relación relaxada ca súa intimidade e é clienta de marcas baratas pero simpáticas. Entre o erotismo da lencería fina e a informalidade da lencería barata quedou ca última. Tamén o xeito de pinzar (acabo de inventar este verbo) é igualmente despreocupado e informal. Alá vai a pinza! Alá vai a roupa! Todo vai colgado pola metade e cunha pinza por prenda, mesmo o camisón (por riba cunha manga revirada) e a camisola. O lema é: “vai secar igual”. Só a chaqueta ten un trato personalizado. Esta muller sabe o que tende.

Vese que a muller é organizada e alegre. Organizada porque fai bogadas coma esta, alegre porque que festa de cores! Moza de terraza para tomar algo ou ver as estrelas, non creo que lle apeteza quedar para ler. E débenlle gustar os xogos manuais (calceta, quebracabezas) porque tender así, unha pinza para cada prenda, é ter gañas de enredar (no sentido lúdico de enredar)

Con esa festa de calcetíns supoño que ha gastar calzado ata o nocello e non máis arriba, vestirá maiormente con saia, que máis ten se por debaixo ou por riba do xoello. E con esas cores non me dá para imaxinar a cara pero si o riso a boca aberta. E ca festa da outra roupa…

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: