Este (porque ten que ser home, quen viste, quen lava e quen tende) non poñería as pinzas a xogo! Este xeito de poñer a roupa é apresurado e trapalleiro, é propio de quen non lle parece importante como se poña a roupa a tender....
Velaí está. Enfastiada. Farta de esperar a que a recollan. Xa non aguanta máis a secar. Está máis que seca xa, sedenta! Esa camisola quere marcha, guerra, vida. Se hai que pasar pola lavadora, pásase. Pero, por ela, falta non fai. Ou a recollen...
Non é un estendal porque a imaxe contradí á palabra.
Se fose un estendal, as roupas estarían estendidas, e non. Están arreboladas unhas nas outras, ou contra as outras, ou enriba das outras.
Máis que colgadas da corda, están pechas, debruzadas na varanda. Pero rendidas, vencidas....