Blog

BLOGME TENDAL DLXXXI: Todo pasa.

Paredes suxas e roupa limpa. Canos de augas residuais e lixos e tendedeiros de roupa limpa. A parede lembra á roupa que o seu estado é pasaxeiro. A roupa lembra á parede que hai esperanza. O cano lembra que todo pasa. E malo se non pasa!...

BLOGME TENDAL DLXXVII: Acubillo

Acubillado polas sombras de todas as plantas e das lombas, o tendedeiro seca as roupas á sombra, co sol presente sen agredir. O piñeiro manso coroa como paraugas inmenso este labor coperativo que é secar a roupa....