
27 Nov BLOGME TENDAL DLXXXIV: Os trapos… tan baratos.
Hai protección. Dobre.
Hai acobillo interior e cobertura exterior.
Pero non para os trapos, os parias téxtis.
Os trapos… esas teas que necesitan estar limpas para absorber o suxo e que se están suxos non limpan.
Esas teas imprescindibles para a hixiene e polo tanto para a saúde. Nosa.
Esas teas desprezadas e maltratadas.
Mesmo económicamente: canto máis duren máis aforramos!
Os trapos… tan baratos.
Por que estes maltratos, logo? Por suxos ou por baratos.
Ou por non lles recoñecer o mérito.
Ou por non darmos mérito á limpeza.
Sen comentarios