O branco faise inmenso branco suxo.
A prenda non está tendida, que está vencida.
Amortuxada.
Hai intres nos que a soidade rima en rima libre con abandono....
O vento é ese grupo musical de rúa que atopas cando non esperas e cambiache a boca por sorriso e o paso faise de baile.
A man que tendeu, por orde, facilitou a organización do baile, achegando as parellas.
Flores, cores e estampados son as luces...
Polo rosa, si. Esa cor que foi de home ata o S-XX.
Pero tamén polo amarelo. Esa cor ousada, escasa. A veces indiscreta, a veces chamativa e a veces estridente.
A cor da infancia maiormente feminina.
Consonte medramos o amarelo agrisalla ou ennegrece.
Pero quen aínda...
Hei preguntar a algunha psicóloga por que sempre imaxino a xente vestida ca roupa que hai no tendedeiro.
Neste caso só tres pezas. Unha delas pra os pés.
Muller espida non sei se diante do espello ou diante de si.
Se se mira, como se mira?
Se ten...
Un tendedeiro tan ben organizado coma este, segundo o canon que di que a roupa miúda vai atrás da grande pra ocultala das olladas indiscretas.
Parece un tendedeiro de familia; a familia toda sentada nun bambán, contenta. Abanando e rindo. Malia as máscaras...