Hai xente que aproveita a corda índa que sobre corda.
Esta persoa aproveita a corda espallando a roupa porque así tamén aproveita máis o aire, que o contacto incomoda o secado.
Cada prenda co seu espazo persoal, como a xente, que tamén necesitamos ese espazo.
Se...
Pero enténdese pola tanta roupa de nenA que hai.
Onde hai nenas hai moito que lavar.
Aquí non hai fenda de xénero. Lávase o mesmo pra nenOs que pra nenAs.
Supoño que inflúe que quen lava segue sendo adoito man feminina.
A man feminina convive peor ca sucidade.
Dino...
O bo de pasear pola aldea, é que cando cruzas con alguén, a xente saúda.
Seica chaman a isto: urbanidade. Curioso que onde abunde sexa na aldea.
Ata loguiño!...
Só roupa interior!
Un lavado uniforme de prendas co mesmo uso, cas mesmas necesidades de lavado; permite un programa de lavado concreto e sen posibles desperfectos en roupas de diferente uso e necesidade.
Teño pra min que non foron lavadas a man, como adoita pasar ca...