BLOGMETENDAL DCCII: Fanado

09 Mar BLOGMETENDAL DCCII: Fanado

Esta caste de edificios adoitan ser mudos de tan exquisitos que os pensaron.

Como moito admiten plantas, mellor se son de plástico. Que cando deixan de lucir tíranse e substitúense por outras sen mancharse.

Pero os edificios, son moi sociables, gustan de socializar, conversar. Este está fanado, saíronlle dous dentes! que axudan a vogalizar un algo na conversa que vai encetando.

Mainiña.

Non se vaia incomodar quen pensou o edificio.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: