BLOGME TENDAL CCCXII: Tendedeiro natural.
O esquema é o natural. Enredadeiras como raíces abaixo. Froitas maduras, vermellas no alto. Se a esta persoa lle dás unha horta fará unha horta fermosa. Se lle dás unha horta porá a roupa ó clareo. Cando esta persoa mira pola xanela, mira natureza. O natural...