BLOGME TENDAL CCCXIV: Patuquiños

28 Xan BLOGME TENDAL CCCXIV: Patuquiños

Calcetíns pequenos de pes pequenos con ganas de ir polo mundo adiante, lonxe e a todo correr. Se o amo non pode, os calcetíns van por el.

A lombos do cabaliño ou da motiña, ou correndo a pelo.

O dragón chama por el: “Voar é máis descansado!”

Non sei se a corda do tendedeiro será lanzadeira de patuquiños que voen e leven consigo ó cabaliño e a moto.

Non volven porque nunca volven atrás, pero, de paso que encetan outra volta ó mundo, paran onde o seu amiño pra lle contar como vai a viaxe.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: