Un tendedeiro de aldea sempre é un xoguete.
Xogan as roupas a agocharse atrás do pau.
Con quen xogan? Quen apanda?
En calquera momento sairán correndo ó pando e berrarán: “Por min!”...
Quen saia do coche pola porta do acompañante dá de cara ca roupa.
Podería, debería, bicala como nunha xura de bandeira doméstica e familiar; como mostra de respecto.
Eu bicaríaa....
Cando miro un lavadeiro, miro unha lavadora.
Liberou tempo e servidumes. Aforrou madrugóns e mergullar mans (femininas) en auga fría.
Agora é un lavatendedeiro. Dunha persoa só, da única que vive e pasa perto del, e pode dispoñer deste lavadeiro comunitario como lavadeiro persoal no...