Intempériome ó ventimperio
Roupa e vento bailan unha danza visceral, carente de pudor, instintiva, reactiva.
Quen comeza o baile? O vento cando sopra ou a roupa cando tende?
O vento retorce a roupa, seca as cordas, enferruxa ós ferros; a roupa bate ó vento contra as paredes,...
A camisa rosa espreita. Adoita ser introvertida. Hai máis roupas de interior ó agocho.
O xersei bota por fóra. Amósase, exponse, non sei se non estará pensando saltar.
O xersei adoita ser estrovertido....