Author: Avelino González

BLOGME TENDAL DLXXXV: Remolcante

Cando arranque a caravana, non fará falta enganche extra. Pois o tendedeiro, une e tira e remolca vidas e vivencias. Así andamos pola vida, a remolque. A roupa lembra os arranques. A corda lembra as roupas....

BLOGME TENDAL DLXXXIII: Pret-a-porter

Listo para vestir. Na corda de adiante a parte de arriba. Na corda de atrás a parte de abaixo. Se foi casual, que bonitas as casualidades! Se foi a mantenta, que perigo as psicopatías leves! (E que interesantes!)...

BLOGME TENDAL DLXXXI: Todo pasa.

Paredes suxas e roupa limpa. Canos de augas residuais e lixos e tendedeiros de roupa limpa. A parede lembra á roupa que o seu estado é pasaxeiro. A roupa lembra á parede que hai esperanza. O cano lembra que todo pasa. E malo se non pasa!...