BLOGMETENDAL DLXCI: Por non molestar

15 Xan BLOGMETENDAL DLXCI: Por non molestar

Conócese que en todo hai clases.

Roupa dentro e roupa fóra. Que a gustiño ha estar a de dentro!

Pero eu penso que pode ser máis por unha cousa de xeito.

É máis a xeito que no tendedeiro de dentro estea a roupa miúda, que colga menos e deixa máis espazo por baixo para facer cousas sen tropezar ca cabeza con elas.

Por iso a roupa máis grande vai para fóra. Por non molestar.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: