Author: Avelino González

BLOGMETENDAL DXCVI: Intimidade masculina!

É tan raro atopar un tendedeiro só de roupa interior de home! Os tendedeiros de roupa íntima de muller son do máis común. Moitas veces dunha prenda só. Aquí el xuntou as prendas de seis días: seis calzóns e seis calcetíns. Seis. Terá un ciclo de lavado?...

BLOGMETENDAL DXCIV: Pola man

Collidas polas mans, digo polas mangas! contemplan o mundo. Contemplar non é un acto senón unha actitude. “Agora estou a secar, e mentres seco, espero” Non se sabe se esperan algo. Pero iso é cousa delas. O meu é a serenidade que transmiten, a serenidade de estaren en boa compaña....

BLOGMETENDAL DXCIII: Xeranios

Protexida por unha garda de xeranios, a roupa limpa asoma ó balcón. Non se sabe se saúda ou se contempla, pero há estar ben limpa, como só limpan as mans que saben coidar das plantas....