BLOGMETENDAL DCIII: Á espera.

09 Abr BLOGMETENDAL DCIII: Á espera.

De secar. E postas a esperar que mellor que esperar tranquilamente sentadas, en cadasúa cadeira, en tranquila e relaxada conversa, ó sol. Sen presa.

Canta envexa non ten a ama destas súas roupas.

Canto non lle prestaría a ela sumarse cun café, cun té, cun gintónic, cun… a esta conversa, que sería franca e maleducada, porque as roupas falarían dos sobrazos da ama ca desinhibición que lles dá non ter mangas.

Pero sentadas todas placidamente.

Ó sol.

A secar.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: