Author: Avelino González

BLOGMETENDAL DCLXXVII: Natural.

É na aldea onde se recicla xa de seu, sen pensalo. É no tendedeiro onde se recicla xa de seu. O de “sostible” aquí é rigorosamente certo. Un tendedeiro de aldea é o natural. Un tendedeiro de cidade é a loita contra o cambio climático e defensa do...

BLOGMETENDAL DCLXXVI: De garda.

E á espera. Preparado pra acoller calquera roupa. Ese plásticoé comounha desas cortinas de urxencias que separan unha cama de outra, que preservan as doenzas de olladas alleas. Cos útis necesarios pra calquera intervención: as pinzas. Non hai moito risco aquí. As pacientes pasan só...

BLOGMETENDAL DCLXXV: Negro

Tan negro que parece que as sombras son as que están nas cordas. A veces é mellor vestir cas sombras que cas roupas. Son máis suxerentes, variables, imaxinativas. E adoitan sentar mellor!...

BLOGMETENDAL DCLXXIV: Abran paso!

As roupas da primeira corda todas, recóllense pra deixar paso ó vestido gris, todo cheo, que se abre a bailar. Un vestido que pide un corpo. De baile. Pide que o enchan da levidade xusta pra seguir o ritmo que marca o vento, esa orquestra....