17 Nov BLOGMETENDAL DCLXXXVI: Biomarcadores.
Velaquí dous indicadores de dous procesos fisiolóxicos, que serven para diagnosticar enfermidades.
Un é un parte de defunción, co que xa non adoece de nada máis que dun proceso dexenerativo terminal.
O outro indicador é unha analítica complexa con epígrafes que rozan os niveis altos recomendados de luz, cor, cordas (brancas e noviñas).
Diversas doenzas miúdas derivadas dunha doenza superior: estar viva.
Sen comentarios