Di a copla:
“Ó entrares na (lugar a escoller)
o primeiro que se ve
son as roupas na ventana
e a cama sen facer.”
Mirando esta escaleira sempre penso “Que apertados son os pisos!”...
Parece que se agocha o pantalón pegado á parede na corda do tendedeiro, pra non ser visto.
Igual ten relacións íntimas con outra prenda que xa ten outro compromiso e xusto estaban ó que estaban cando chegou...
Ou moito traballa ou moi limpa é esta persoa, ou moita xente hai nesa casa que traballan no mesmo.
Cabe tamén a posibilidade de que sexa un tendedeiro de empresa
...