BLOGMETENDAL DCCLVIII: Luz!

03 Mai BLOGMETENDAL DCCLVIII: Luz!

Non está a secar. Está a procura do sol, de luz.
Esta roupa miúda, poucas veces está ó sol. Do escuro do caixón levámola á nosa intimidade, escura.
Pegada a nós, malamente lle dá o sol cando se tende.
Velaí está, debruzada contra a verxa pedindo un pouco de sol.
A moral considera amoral levar ó sol esta roupa.
E din que o sol perxudica ás cores das roupas delicadas.
Curiosas roupas estas, que lucen as cores no escuro.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: