Porque sei a vida que hai dentro.
Hai profesións que teñen a toalla como ferramenta e traballa a toalla tanto como a súa ama, que non é a ama da casa, nin do balcón, nin da corda, só da pinza e do pano.
E...
Non mesturar o traballo co ocio,
Non vivir para traballar,
Non mesturar o laboral co doméstico,
Non mesturar a roupa de vestir ca roupa de traballar
Non mesturar unha roupa ca outra.
Non vaia ser que se lle pegue, e cando poñas a roupa de cotío che entren gañas...
O razoamento económico é doado:
1 = 1
Unha prenda = unha pinza.
A lei do mínimo ou do esforzo necesario e ningún máis. Economía de esforzos e enerxías e pinzas.
Ás veces un aforro acaba sendo un desbalde. Se logo tes que pasar o ferro, por exemplo.
Pero...