Onte houbo festa.
Queda a pegada no vestido, vermello alegre, en forma de olor a suor e a sorriso e a baile.
Hai que lavalo a parte? Si, porque senón dilúese a alegría.
E porque hoxe hai máis....
Sen pinzas, sen nada. Velaí están, tiradas na soleira da xanela. Que imprudencia, nonsi? E se levanta o vento de súpeto? Alá van elas todas polo aire adiante.
Supoño que non o farán por mal. Que o farán porque non teñen tendedeiro. Porque non teñen...
Hai roupas que son trampulleiras, que, ás veces por amolar, outras por facer a broma, en vez de se preocupar porque seren elas descubertas, descubren elas a outras. Boh! Co ben agachadiña e tranquila que estaba a braga na corda de atrás, vai a...
Porque sei a vida que hai dentro.
Hai profesións que teñen a toalla como ferramenta e traballa a toalla tanto como a súa ama, que non é a ama da casa, nin do balcón, nin da corda, só da pinza e do pano.
E...