21 Mai BLOGME TENDAL CCLXXVIII: Que non se renda
Nin as cordas ben tensadas nin as xanelas ben pechadas. Nada é grave.
É a suma de pequenas cousas: O pentagrama das cordas revirado, desafinado, inarmónico; o marco da xanela mal pintado; a madeira das xanelas escangallada; o aillante despegado. Nada importante.
O refrexo deformado da parede de enfronte na xanela mal aberta ou mal pechada, fala baixiño dunha vida deformada polas dificultades, a escaseza e un chisco de desleixo ou, máis ben, de derrota.
Collede forza, collede azos. Non vos rindades. Necesitamos da alegría do voso tendedeiro
Sen comentarios